Un lugar resgardado, tranquilo e de natureza en estado puro. Así definimos Cariño, unha pequena vila costeira do norte da provincia da Coruña.

A tres quilómetros da vila encontramos o cabo Ortegal. Neste punto máxico sepáranse o mar Cantábrico e o océano Atlántico. E sepáranos os Tres Aguillóns, unha curiosa formación rochosa que emerxe das augas desafiando os dous mares.

A escarpada costa desde o cabo Ortegal ata Cedeira está catalogada como Lugar de Interese Comunitario. O seu interese xeolóxico e natural é indiscutible. A finais de verán, fronte ao faro Ortegal, pasa a maior parte das aves mariñas europeas. O espectáculo é digno de ser visto e a imaxe indescriptible.

Cariño é un destino ideal para ornitólogos de todo o mundo. O municipio convértese no santuario das aves tanto en cabo Ortegal (verán) como na ría de Cariño e Ortigueira (invierno).

http://www.concellodecarino.com

Consello
Proba as súas famosas conservas artesanais e as sardiñas lañadas, o máis típico dunha gastronomía ligada ao mar.
Sabías que...?
A danza de arcos é unha tradición vinculada aos mariñeiros que non falta en cualquera festexo. O día máis importante para gozar da danza é a festividade da Virxe do Carme o 16 de xullo.