O mítico cantante de rock español chega coa súa xira Mentira me parece. A cita é ás 21h no Auditorio de Ferrol.

O Ballet Nacional Ucraniano de Odessa representa o famoso ballet O lago dos cisnes. A cita é ás 20:30h no Teatro Jofre (Ferrol).

Do mércores 28 de xaneiro ao domingo 1 de febreiro celébrase en Madrid a 35 edición da Feira Internacional de Turismo (FITUR). O xeodestino Ferrolterra – Rías Altas tamén estará presente nesta feira, o punto de encontro entre os profesionais do turismo.

A Semana Santa de Ferrol, declarada de interese turístico internacional, celébrase este ano 2015 do 29 de marzo ao 05 de abril. Consulta o calendario de procesións.

XIII Certame de camelias con exposición da flor e creacións florais. Instalado nunha carpa na Área Recreativa e Deportiva de Ribeiras do Sor – Concello de Mañón – Tamén hai postos de artesanía, bar e pulpería. Estupendo para nenos pois a área conta con pista polideportiva e parque infantil á beira do río Sor.

 Tradicionais festas das Angustias con verbena sábado e domingo na praza Roxa de Cariño, domingo procesión ás 12:00 pola zona  vella. O domingo haberá sesión vermú.

O Festival de Ortigueira alcanza este 2015 a súa 31ª edición. Terá lugar do 16 ao 19 de xullo. A vila de Ortigueira convértese cada verán no corazón da Europa atlántica para acoller o Festival Internacional do Mundo Celta. Declarada Festa de Interese Turístico Internacional, esta cita congrega na vila a milleiros de persoas chegadas […]