LA BOTTINE SOURIANTEAo longo e ancho do destino Ferrolterra – Rías Altas encontramos multitude de festas. Relixiosas, gastronómicas ou festivais de música, repártense por todos os municipios e, sobre todo, teñen lugar no verán.

Das festas relixiosas destacan a romería de Santo Andrés de Teixido, a Semana Santa de Ferrol e a Romería da Fraga nas Pontes.

Son moi abundantes os festivais. E hainos para todos os gustos, do rock ao celta e outros que conmemoran feitos históricos. É o caso do Festival do Río Castro (San Sadurniño), Festival Irmandiño (Moeche) e o Oenach Atlántico (Narón). As citas coa música son Felipop e Fenerock (Fene), Festa da Terra e da Lingua (Narón), o famoso Festival de Ortigueira e o Ortegal Rock (Cariño).

As celebracións gastronómicas merecen capítulo á parte. Poderiamos dicir que non hai produto sen a súa respectiva festa de exaltación. Mexillón en Barallobre e ameixa en Maniños (Fene), ourizo de mar en Chanteiro (Ares) e xiba en Ares, marisco en O Barqueiro (Mañón), requeixo na Capela, percebe en Cedeira e Valdoviño, grelo en Cerdido, Monfero e As Pontes ou mel en Ortigueira, Cerdido e As Pontes.

De todas as citas gastronómicas resaltamos as festas do Pan de Neda, do Polbo de Mugardos, Pemento do Couto (Narón) e a da Caldeirada e Sardiñas Lañadas en Cariño.

Festas de Interese Turístico Internacional

Festas de Interese Turístico de Galicia

  • Semana Santa (Ferrol).
  • Festa das Pepitas (Ferrol), 18 de marzo.
  • Festa das Alfombras Florais do Corpus Christi (Ares), finais de xuño.
  • Festa do Polbo (Mugardos), segundo sábado de xullo.
  • Festival Internacional do Mundo Celta (Ortigueira), segunda fin de semana de xullo.
  • Oenach Atlántico (Narón), finais de xullo.
  • Romería da Fraga (As Pontes), 25 de xullo.
  • Festa do Pan (Neda), primeiro domingo de setembro.
Consello
Se queres degustar os produtos locais, elixe entre todas as festas gastronómicas que o destino che ofrece.
Sabías que...?
A Semana Santa de Ferrol e o Festival de Ortigueira son tamén Festas de Interese Turístico Internacional.