Ferrolterra: A Costa das Ondas

29-1-2016
logo costa das ondas

O xeodestino Ferrolterra – Rías Altas presentou días atrás as accións de promoción turística desenvolvidas durante o ano 2015.

Un dos eixos nos que se traballou foi no estudo de situación do sector vencellado ao surf, tanto directa como indirectamente (chamados surf friendly). Nos resultados presentados se detallaron máis de medio centenar de accións a desenvolver a futuro, se ben xa quedaba realizada a primeira delas: o nome do produto turístico de surf e a súa imaxe de marca.

Baixo o nome de A Costa das Ondas se pretende evocar un dos principais factores diferenciais que posúe o destino Ferrolterra – Rías Altas: ondas para surfear os 365 días do ano.

Ler informe completo