29/06/2017 11:00 . Hotel Carrís Almirante. Organiza Federación Española de Surf.

Las jornadas coincidiendo con el Campeonato de España de Surf,  analizaran en esta su  primera edición,  con la participación de destacados ponentes, la situación actual, el  desarrollo y la  previsible evolución  y las acciones que serian deseables para la regulación de las  actividades deportivas en las playas. 

 
Ponentes:
Representante de la Jefatura de Demarcación de Costas de A Coruña.
D. Alberto González Fernandez, Alcalde de Valdoviño.
D. Angel Lobo Rodrigo, Profesor Derecho Administrativo Universidad las Laguna.
Representante Consellería Medio Ambiente.
Ignacio García Mera. Geógrafo. Analista SIG. Medio Ambiente Federación Española de Surfing

costa-das-ondas

Imagen de una Menina de Canido

As Meninas de Canido son unha mostra de como a arte pode cambiar a morfoloxía dunha área urbana esquecida e devolver a ilusión a unha cidade afectada pola crise que tantos anos a castigou. O artista Eduardo Hermida inicia no ano 2008 unha acción pictórica coa fin de chamar a atención polo estado de abandono no que se atopa o barrio alto e convírtese, coa implicación de veciños e outros e outras artistas de diversas disciplinas, nun referente internacional no que os vellos edificios vístense con diversas interpretacións do cadro de Velázquez.

Actualmente o barrio acolle cada día a curiosos, turistas e escolares que acoden a coñecer esta auténtica pinacoteca na que os muros abandonados transfórmanse en lenzos e as súas rúas, un circuito cultural que convida ao paseo como se dun museo se tratase.
Se queres descubrir onde se atopan estas singulares veciñas, podes consultar o noso mapa sobre as Meninas de Canido.

img-20161202-wa0005O Plan de Turismo de Ferrolterra – Rías Altas estará durante toda esta fin de semana no maior centro de ocio e restauración de Bizkaia dando a coñecer os atractivos turísticos do territorio.

Esta actuación se enmarca dentro das accións previstas no marco do convenio entre a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol e a Xunta de Galicia, a través da Axencia Turismo de Galicia para a promoción turística de Ferrolterra durante o ano 2016.

O País Vasco é un dos principais puntos de orixe dos visitantes que acoden a visitar as comarcas de Eume, Ferrol e Ortegal. A mellora nos sistemas de comunicación permite que a conexión entre ambos territorios se realice en pouco máis de 5 horas en coche. Ademais, os habitantes do País Vasco se atopan regularmente no top 3 das rendas dispoñibles máis altas por habitante de todo o estado.

Dous informadores turísticos da zona estarán asesorando aos visitantes do Max Center Barakaldo sobre os mellores puntos para gozar da natureza, gastronomía e patrimonio de Ferrolterra.

Ademais de material propio do plan como planos de Ferrolterra, rutas de sendeirismo, información do proxecto do xeoparque de Cabo Ortegal ou guías de praias, hai información aportada por diferentes concellos do destino como Ferrol, Ortigueira, Cariño, Cabanas, Pontedeume e As Pontes, entre outros, así como escolas de surf.

O centro comercial ten cerca de 6 millóns de visitantes anuais e, cun espazo de máis de 59000 m2, atópase entre os máis grandes centros comerciais de todo o territorio vasco.

logo costa das ondas
  • A Mancomunidade inicia un procedemento de adhesión para formar parte da marca Costa das Ondas.
  • Poderán adherirse escolas de surf, surfcamps, surf houses, tendas de surf con material técnico, e tamén bares, restaurante e aloxamentos que teñan a turistas de surf como clientes.
  • As entidades deberán estar instaladas nalgún dos 21 concellos do xeodestino turístico Ferrolterra – Rías Altas.
  • Nos vindeiros días activarase a web da marca.

 

A Mancomunidade de concellos da comarca de Ferrol abre un procedemento para que aquelas entidades do sector turístico relacionadas, directa ou indirectamente, co surf poidan adherirse ao proxecto Costa das Ondas e así formar parte das accións de promoción online e offline que se programen.

Costa das Ondas é a marca de promoción do xeodestino Ferrolterra – Rías Altas como destino de surf. Nos vindeiros días crearase a páxina web promocional na que ademais de escolas de surf, surfcamps, surf houses, tendas de surf ou calquera outra entidade do sector, engadiranse a aqueles servizos de restauración e aloxamento que conten entre os seus clientes habituais a turistas de surf.

Para formar parte da marca Costa das Ondas, debe cubrirse o seguinte formulario, aceptar e cumprir as condicións do documento de adhesión e remitir varias fotografías de alta calidade do establecemento.

As entidades deben estar instaladas nalgún dos 21 concellos que conforman o xeodestino Ferrolterra – Rías Altas. Estes son: Ares, Cabanas, A Capela, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Moeche, Monfero, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, As Pontes de García Rodríguez, Pontedeume, San Sadurniño, As Somozas, Valdoviño e Vilarmaior.

Xornada iniciativas profesionais en Surf
  • A xornada enmárcase no proxecto Costa das Ondas, marca de promoción de Ferrolterra como destino de surf
  • Desenvolverase o mércores 16 de novembro no Antiguo Hospicio en Ferrol.
  • Comeza ás 16:30 e finaliza ás 19:30h.
  • A inscrición é gratuíta, para o que se debe empregar o seguinte enlace: https://goo.gl/forms/tD3HsFoYZhmQfYmm1

programa iniciativas profesionais surfCoa organización desta xornada por parte da Mancomunidade, preténdese visualizar as iniciativas de auto emprego xurdidas en Ferrolterra entorno ao surf e outros deportes de deslizamento.

A xornada desenvólvese no marco do proxecto Costa das Ondas, incluído no convenio de promoción turística asinado entre a Mancomunidade de concellos da comarca de Ferrol e a Axencia de Turismo de Galicia. Costa das Ondas é a marca de promoción de Ferrolterra como destino de surf, que ten como obxectivo principal o de desenvolver un sector económico entorno ao surf e deportes afíns.

Os relatores expoñerán a súa experiencia na execución dos seus proxectos, de xeito que o público asistente poida ver a oportunidade de desenvolver un proxecto empresarial en diferentes campos transversais aos deportes de deslizamento. Ademais das iniciativas xa existentes como escolas de surf e surf camps, pode haber oportunidades de emprego en servizos complementarios e ámbitos como os do deseño, a organización de eventos, os tecnolóxicos, ou os da información e xeración de contidos, por exemplo.

A xornada desenvolverase de xeito que facilite o intercambio de información entre os asistentes para que poidan surxir sinerxías e alianzas no futuro.

Está dirixida a demandantes de emprego, emprendedores, estudantes, afeccionados ao surf, skate e outros deportes de deslizamento.

Serán catro as ponencias da xornada:

  • Marcos Rodríguez e Miguel Galeiras expoñerán a súa experiencia sobre o proceso de profesionalización dun evento deportivo: o Pantín Classic.
  • Daniel Pérez falará sobre cómo xurdiu Feel Wood, marca de deseño e fabricación de skates en madeira.
  • Sergio Iglesias relatará a súa experiencia en Evo Skatepark Indoor, un espazo a cuberto onde practicar skate e outras modalidades similares.
  • Pola súa banda Ricardo e Luís Veiga, de TomaGoma, narrarán a historia desta prestixiosa marca de pranchas de surf así como os retos que afrontan a curto prazo.

A xornada pecharase cunha mesa redonda co título “Oportunidades profesionais nos deportes de deslizamento”, conducida por Vicente Irisarri, na que intervirán Cristóbal Dobarro (Presidente de COFER), Manuel Naveiro (Centro de Emprego de Ferrol), Óscar Vales (Vazva), Pablo Arribas (La Madriguera Cultura Urbana) e Alejandro Iglesias (co-fundador Agencia Spankys).

Máis info: facebook.com/CostaDasOndas

Inscripcións: https://goo.gl/forms/tD3HsFoYZhmQfYmm1

A Mancomunidade convoca a artistas, empresas e entidades a presentar propostas de Street Art.

A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, como entidade coordinadora do convenio para a promoción turística do destino Ferrolterra-Rías Altas durante o 2016, impulsa un proxecto de Street Art para a realización de murais en 6 concellos das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.

A iniciativa busca reflectir os emblemas e valores máis representativos dos concellos e de Ferrolterra. Esta intervención pretende poñer en valor aqueles espazos que se atopen degradados ou afectados negativamente pola presenza de elementos que rompan a súa harmonía.

O fin último do proxecto é transformar a percepción destes espazos de forma que sexan acordes co valor dos recursos turísticos do destino e contribúan a unha imaxe positiva do territorio, tanto para os turistas como para os anfitrións (a cidadanía e as persoas emprendedoras no sector turístico).

Esta liña de traballo atópase incluída no Plan de Promoción Turística do Xeodestino Ferrolterra para o 2016, resultado da colaboración entre a Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia e a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol.

As empresas, entidades e artistas interesados en participar terán de prazo para presentar propostas ata o día 6 de setembro e poden consultar as condicións aquí ou contactar no enderezo electrónico coordinacion@turismoferrolterra.es

Castelo da Palma (Mugardos) / Castillo de A Palma / A Palma castle / Château d' A Palma

Castelo da Palma (Mugardos) / Castillo de A Palma / A Palma castle / Château d’ A Palma

Retomanse as visitas guiadas ó Castelo da Palma:

Do venres 22 de xullo ao 30 de setembro.

As persoas interesadas, un máximo de 20 persoas por grupo, poderán apuntarse, a partir do sábado 16 de xullo, por calquera dos métodos que se indica a continuación:

  • Presenciais na OIT situada no Cantón de Cora, en horario, de luns a domingo:
    • Maña: de 12.00 a 14.15 horas
    • Tarde: de 16.00 a 20.00 horas

– No teléfono: 630885761

– No enderezo electrónico: oit.mugardos@gmail.com.

Ditas visitas son gratuitas e serán os días e horas que se indica a continuación:

  • Venres, sábados e domingos:
    • Maña:
      • 1ª visita ás 10.30 horas
      • 2ª visitas ás 12.00 horas
    • Tarde:
      • 1ª visita ás 17.30 horas
      • 2ª visita ás 19.00 horas.