PONTEDEUME

Pontedeume ofrece unha bonita panorámica, situada detrás da súa famosa ponte de pedra que cruza o río Eume, que desemboca na vila. O pasado medieval perdura na súa zona vella. A ponte, que non é a orixinal, mantén igualmente a esencia. Serve, ademais, de aperitivo do que nos encontraremos nas súas rúas e encantadoras prazas. […]

NARÓN

De vida industrial, Narón agocha un grande interese arquitectónico e paisaxístico. Descubrir este municipio significa encontrar máis de 200 puntos de interese. Boa mostra diso son a igrexa románica de San Martiño de Xuvia, o cemiterio prehistórico do Monte dos Nenos, así como os tres pazos existentes e exemplos de casas medievais. Narón tamén presume […]

FENE

Bañado polas rías de Ferrol, ao norte, e de Ares, ao sur, Fene destaca polos seus famosos estaleiros e o seu alto valor arquitectónico. No municipio conxúgase a arquitectura relixiosa; a indiana, grazas ás construcións dos emigrantes retornados, e a máis moderna, coma os singulares edificios dos dous Concellos. En Fene, ademais, trasladámonos ao pasado […]

MUGARDOS

En Mugardos respírase e, sobre todo, saboréase, o seu ambiente mariñeiro. É suficiente con pasear polo Cantón da Mariña para degustar nun dos seus restaurantes o polbo á mugardesa, recoñecido internacionalmente. A el réndeselle homenaxe cada mes de xullo na Festa do Polbo, declarada de Interese Turístico de Galicia. De carácter mariñeiro tamén é a […]

ARES

WEBCAM – ARES O pequeno municipio de Ares destaca polas súas tranquilas praias e a súa arquitectura pintoresca. Estes elementos dotan de encanto case calquera recuncho que se visite. Ares, dedicado tradicionalmente á pesca, conserva moitas das súas antigas casas de aspecto mariñeiro. Estas destacan polos balcóns de madeira, usados para colgar as redes dos […]

Museos

A maior oferta cultural encóntrase en Ferrol, a cidade máis grande do destino e con maior poboación. Non obstante, noutros municipios encontraremos outros museos singulares. Ferrol. Da importancia  que a construción naval tivo na cidade, destaca Exponav, onde podemos ver como se constrúe un buque. Tamén o Museo Naval, ao lado do Arsenal. Na súa exposición […]

Faros

Os faros son un patrimonio cultural e arquitectónico de gran valor. Máis aínda se pensamos na importante función que cumpren. As súas luces guíannos por unha paisaxe abraiante. O faro máis ao norte do destino e, ademais, máis septentrional da Península, é Estaca de Bares (Mañón). Foi o primeiro do país en encenderse, en 1847. […]

Mosteiros

A arquitectura relixiosa é moi abundante en todo o territorio. De feito, verás unha igrexa por cada núcleo de poboación, por pequeno que sexa. Moitas delas conteñen elementos de gran valor artístico. De todas estas mostras relixiosas destacan os mosteiros. O máis impresionante, sen desmerecer os demais, é o mosteiro de San Xoán de Caaveiro, […]

Castelos

Son seis os castelos que se conservan en bo estado no destino Ferrolterra – Rías Altas. Os Andrade, señores feudais do territorio, levantaron varios castelos para protexer as súas infinitas propiedades. En Pontedeume, o castelo de Andrade levántase sobre a Pena Leboreira, dominando a desembocadura do río Eume. Na vila, o Torreón, único resto do […]

Centros históricos

Son catro os centros históricos para visitar: Ferrol, Pontedeume, Cedeira e Ortigueira. A identidade urbana de Ferrol conformouse no século XVIII, grazas aos enxeñeiros da Ilustración. Así, nesta cidade encontramos, en realidade, dous centros históricos. A orixe, Ferrol Vello, que conserva o trazado medieval con rúas estreitas e irregulares que conducen ao porto de Curuxeiras. […]