AS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ

Turismo industrial, etnografía e natureza caracterizan o municipio das Pontes. Ademais, na chamada “vila dos cen ríos” consérvanse ata oito pontes medievais e romanas que dan conta do seu pasado. A súa paisaxe industrial está dominada polas torres da central térmica e a súa cheminea, a máis alta de Europa. A central alimentábase da mina […]

Exponav, a arte de facer barcos

Exponav non é un museo ao uso, senón unha exposición viva que nos convida a coñecer a principal actividade da comarca ferrolá nos últimos 300 anos: a construción naval. Grazas ás súas maquetas, pezas históricas, antigas ferramentas, vídeos e máquinas interactivas poderemos achegarnos a esa actividade dunha forma amena e entretida. Trátase dunha visita cun […]

O Arsenal de Ferrol

O Arsenal é unha base naval do século XVIII que a día de hoxe segue albergando barcos de guerra na súa dársena. A Armada española coida, mantén e aprovisiona estes buques que, ao longo dos séculos, deixaron de ser de madeira a estar fabricados en aceiro e coa última tecnoloxía. Historia e modernidade van da […]

Os estaleiros de Navantia

Os estaleiros poden visitarse durante as rutas organizadas ao longo do ano. Nelas pódese apreciar como son construídos ou reparados impresionantes barcos na actualidade. É unha visita que sempre sorprende e que representa claramente a esencia da cidade. A historia dos estaleiros de Ferrol é unha lenda con claros e escuros. A pesar das reconversións […]

Ruta da Construción Naval

Desde 2011, en Ferrol pódese realizar a Ruta da Construción Naval. Aventurarse neste percorrido permite entrar nun mundo descoñecido ata hai pouco. As infraestruturas militares combinan séculos de historia, arquitectura de gran valor coas últimas tecnoloxías utilizadas na actualidade pola Armada. O conxunto de edificios constitúe un enorme museo no que descubrir a historia naval […]

CERDIDO

Cerdido é un municipio de interior dominado polo verde. Cunha localización estratéxica, a súa paisaxe natural é de gran riqueza, debido en parte aos dous ríos que atravesan o seu territorio. Dedicado á actividade agrícola, os produtos da terra danse cita na tradicional Feira da Barqueira. Esta feira de gando e produtos do campo celébrase […]

VILARMAIOR

Vilarmaior é unha pequena vila rural que servía de paso aos peregrinos do vello camiño a Santiago. Quen visite o municipio descubrirá paisaxes virxes e lugares cheos de encanto. Coma os seus municipios veciños, Vilarmaior tamén conserva xacementos arqueolóxicos coma As Croas e Tesouro de Vilarmaior así como varios gravados rupestres. No patrimonio arquitectónico destacan […]

MONFERO

O mosteiro de Santa María de Monfero é o emblema deste municipio. Fundado a comezos do século XII, foi renovado completamente no XVII polo que predomina o estilo barroco. O maxestoso aspecto desa construción relixiosa amósanos o poder que tiña o clero na comarca. Lémbranos, tamén, que este foi un dos mosterios máis poderosos de […]

A CAPELA

A Capela é sinónimo de natureza. A parte central do Parque Natural Fragas do Eume encóntrase no sur do municipio. É, ademais, unha das zonas de maior protección e nela sitúase, solitario e impoñente, o mosterio de Caaveiro. Ao norte, encontramos a serra de Forgoselo, paisaxe tamén protexida. Aquí descubrimos gran parte dos restos arqueolóxicos […]

CABANAS

Cabanas defínese como a fraga feita mar. As Fragas do Eume e as súas praias son o gran atractivo turístico do municipio. En Cabanas podemos gozar da parte das fragas que chega a encontrarse co mar. As súas praias, tranquilas e ben equipadas, son idóneas para a práctica de diferentes deportes náuticos como a vela […]