ORTIGUEIRA

WEBCAM – ALAMEDA Montaña, val, río, mar e, sobre todo, ría. Ortigueira é terra de contrastes, cos cumios máis elevados da serra da Capelada e da Faladoira xunto ao mar. A ría de Ortigueira e Ladrido, pola súa fauna e flora, é un dos humedais máis importantes de Galicia. Para os máis aventureiros, por todo […]

CARIÑO

Un lugar resgardado, tranquilo e de natureza en estado puro. Así definimos Cariño, unha pequena vila costeira do norte da provincia da Coruña. A tres quilómetros da vila encontramos o cabo Ortegal. Neste punto máxico sepáranse o mar Cantábrico e o océano Atlántico. E sepáranos os Tres Aguillóns, unha curiosa formación rochosa que emerxe das […]

Faros

Os faros son un patrimonio cultural e arquitectónico de gran valor. Máis aínda se pensamos na importante función que cumpren. As súas luces guíannos por unha paisaxe abraiante. O faro máis ao norte do destino e, ademais, máis septentrional da Península, é Estaca de Bares (Mañón). Foi o primeiro do país en encenderse, en 1847. […]