O destino Ferrolterra colaborará coa Mariña Lucense para conformar un produto de Turismo Slow

Desde o Plan de Promoción Turística de Ferrolterra estamos a colaborar co xeodestino da Mariña Lucense para configurar unha proposta de Turismo Slow para o Norte de Galicia. Apoiándonos en Renfe-Feve como transporte público vertebrador de ambos destinos, traballamos xa na identificación de aloxamentos interesados en formar parte deste proxecto. Os aloxamentos pertencen ás categorías […]

Parque Natural Fragas do Eume

Ás Fragas do Eume accédese desde A Capela, Pontedeume, Cabanas, Monfero ou As Pontes, municipios polos que se estende este espazo, parque natural desde 1997. As fragas son o refuxio da flora e fauna da rexión. Na vexetación destacan carballos, freixos, ameneiros, castiñeiros, bidueiros, acivros e albedros. Estas especies arbóreas, moitas delas con millóns de […]

AS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ

Turismo industrial, etnografía e natureza caracterizan o municipio das Pontes. Ademais, na chamada “vila dos cen ríos” consérvanse ata oito pontes medievais e romanas que dan conta do seu pasado. A súa paisaxe industrial está dominada polas torres da central térmica e a súa cheminea, a máis alta de Europa. A central alimentábase da mina […]

O patrimonio industrial de As Pontes

A panorámica da vila das Pontes de García Rodríguez é impresionante. De sobra coñecida pola súa Central Térmica, As Pontes ofrece unha paisaxe industrial na que a natureza, agora, tamén está presente. As torres e a enorme cheminea da central térmica coroan unha paisaxe que, con todo, ofrece moito máis. É o caso do lago […]

Espazo protexido Xuvia – Castro

Os ríos Xuvia e Castro dan nome a unha zona protexida pola distinción LIC (Lugar de Importancia Comunitaria). Baixo o LIC Xuvia – Castro encóntranse dous espazos naturais. Por un lado, o tramo do río Grande de Xuvia e o seu afluente principal, o Castro. Por outro, a serra de Forgoselo. A vexetación de ribeira […]

ORTIGUEIRA

WEBCAM – ALAMEDA Montaña, val, río, mar e, sobre todo, ría. Ortigueira é terra de contrastes, cos cumios máis elevados da serra da Capelada e da Faladoira xunto ao mar. A ría de Ortigueira e Ladrido, pola súa fauna e flora, é un dos humedais máis importantes de Galicia. Para os máis aventureiros, por todo […]

CARIÑO

Un lugar resgardado, tranquilo e de natureza en estado puro. Así definimos Cariño, unha pequena vila costeira do norte da provincia da Coruña. A tres quilómetros da vila encontramos o cabo Ortegal. Neste punto máxico sepáranse o mar Cantábrico e o océano Atlántico. E sepáranos os Tres Aguillóns, unha curiosa formación rochosa que emerxe das […]

CERDIDO

Cerdido é un municipio de interior dominado polo verde. Cunha localización estratéxica, a súa paisaxe natural é de gran riqueza, debido en parte aos dous ríos que atravesan o seu territorio. Dedicado á actividade agrícola, os produtos da terra danse cita na tradicional Feira da Barqueira. Esta feira de gando e produtos do campo celébrase […]

VILARMAIOR

Vilarmaior é unha pequena vila rural que servía de paso aos peregrinos do vello camiño a Santiago. Quen visite o municipio descubrirá paisaxes virxes e lugares cheos de encanto. Coma os seus municipios veciños, Vilarmaior tamén conserva xacementos arqueolóxicos coma As Croas e Tesouro de Vilarmaior así como varios gravados rupestres. No patrimonio arquitectónico destacan […]

MONFERO

O mosteiro de Santa María de Monfero é o emblema deste municipio. Fundado a comezos do século XII, foi renovado completamente no XVII polo que predomina o estilo barroco. O maxestoso aspecto desa construción relixiosa amósanos o poder que tiña o clero na comarca. Lémbranos, tamén, que este foi un dos mosterios máis poderosos de […]