Camiño Inglés

O Camiño Inglés é un dos oito camiños a Santiago de Compostela. Esta ruta, unha das menos saturadas, é ideal para os peregrinos que prefiran unha viaxe aínda máis tranquila e relaxada. Ademais, e a pesar de ser o camiño máis curto, ofrece unha gran riqueza paisaxística, tanto de costa coma de interior. Por mar, […]

Camiño a Santo Andrés de Teixido

Un dos camiños de peregrinaxe da comarca é o de Santo Andrés de Teixido. Aínda que os romeiros chegan de toda Galicia, o camiño vello a Santo Andrés comeza no mosteiro de San Martiño de Xuvia (O Couto), no municipio de Narón. Desde alí, e atravesando terras de Valdoviño, os peregrinos percorren un total de […]

Museos

A maior oferta cultural encóntrase en Ferrol, a cidade máis grande do destino e con maior poboación. Non obstante, noutros municipios encontraremos outros museos singulares. Ferrol. Da importancia  que a construción naval tivo na cidade, destaca Exponav, onde podemos ver como se constrúe un buque. Tamén o Museo Naval, ao lado do Arsenal. Na súa exposición […]

Faros

Os faros son un patrimonio cultural e arquitectónico de gran valor. Máis aínda se pensamos na importante función que cumpren. As súas luces guíannos por unha paisaxe abraiante. O faro máis ao norte do destino e, ademais, máis septentrional da Península, é Estaca de Bares (Mañón). Foi o primeiro do país en encenderse, en 1847. […]

Mosteiros

A arquitectura relixiosa é moi abundante en todo o territorio. De feito, verás unha igrexa por cada núcleo de poboación, por pequeno que sexa. Moitas delas conteñen elementos de gran valor artístico. De todas estas mostras relixiosas destacan os mosteiros. O máis impresionante, sen desmerecer os demais, é o mosteiro de San Xoán de Caaveiro, […]

Castelos

Son seis os castelos que se conservan en bo estado no destino Ferrolterra – Rías Altas. Os Andrade, señores feudais do territorio, levantaron varios castelos para protexer as súas infinitas propiedades. En Pontedeume, o castelo de Andrade levántase sobre a Pena Leboreira, dominando a desembocadura do río Eume. Na vila, o Torreón, único resto do […]

Centros históricos

Son catro os centros históricos para visitar: Ferrol, Pontedeume, Cedeira e Ortigueira. A identidade urbana de Ferrol conformouse no século XVIII, grazas aos enxeñeiros da Ilustración. Así, nesta cidade encontramos, en realidade, dous centros históricos. A orixe, Ferrol Vello, que conserva o trazado medieval con rúas estreitas e irregulares que conducen ao porto de Curuxeiras. […]