Ferrolterra: A Costa das Ondas

O xeodestino Ferrolterra – Rías Altas presentou días atrás as accións de promoción turística desenvolvidas durante o ano 2015. Un dos eixos nos que se traballou foi no estudo de situación do sector vencellado ao surf, tanto directa como indirectamente (chamados surf friendly). Nos resultados presentados se detallaron máis de medio centenar de accións a […]

O destino Ferrolterra colaborará coa Mariña Lucense para conformar un produto de Turismo Slow

Desde o Plan de Promoción Turística de Ferrolterra estamos a colaborar co xeodestino da Mariña Lucense para configurar unha proposta de Turismo Slow para o Norte de Galicia. Apoiándonos en Renfe-Feve como transporte público vertebrador de ambos destinos, traballamos xa na identificación de aloxamentos interesados en formar parte deste proxecto. Os aloxamentos pertencen ás categorías […]

Parque Natural Fragas do Eume

Ás Fragas do Eume accédese desde A Capela, Pontedeume, Cabanas, Monfero ou As Pontes, municipios polos que se estende este espazo, parque natural desde 1997. As fragas son o refuxio da flora e fauna da rexión. Na vexetación destacan carballos, freixos, ameneiros, castiñeiros, bidueiros, acivros e albedros. Estas especies arbóreas, moitas delas con millóns de […]

Fins de curso escolares en Ares

A Escola de Atletismo Paula Mayobre, o Club Naútico Ría de Ares e o Club Windsurf Zona Norte presentamos un programa co que achegar os escolares doutros concellos á nosa vila para gozar de fermosas praias e dunha costa ideal para os deportes naúticos. Este fin de curso os tres clubs da vila, con experiencia contrastada […]

AS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ

Turismo industrial, etnografía e natureza caracterizan o municipio das Pontes. Ademais, na chamada “vila dos cen ríos” consérvanse ata oito pontes medievais e romanas que dan conta do seu pasado. A súa paisaxe industrial está dominada polas torres da central térmica e a súa cheminea, a máis alta de Europa. A central alimentábase da mina […]

VILARMAIOR

Vilarmaior é unha pequena vila rural que servía de paso aos peregrinos do vello camiño a Santiago. Quen visite o municipio descubrirá paisaxes virxes e lugares cheos de encanto. Coma os seus municipios veciños, Vilarmaior tamén conserva xacementos arqueolóxicos coma As Croas e Tesouro de Vilarmaior así como varios gravados rupestres. No patrimonio arquitectónico destacan […]

MONFERO

O mosteiro de Santa María de Monfero é o emblema deste municipio. Fundado a comezos do século XII, foi renovado completamente no XVII polo que predomina o estilo barroco. O maxestoso aspecto desa construción relixiosa amósanos o poder que tiña o clero na comarca. Lémbranos, tamén, que este foi un dos mosterios máis poderosos de […]

A CAPELA

A Capela é sinónimo de natureza. A parte central do Parque Natural Fragas do Eume encóntrase no sur do municipio. É, ademais, unha das zonas de maior protección e nela sitúase, solitario e impoñente, o mosterio de Caaveiro. Ao norte, encontramos a serra de Forgoselo, paisaxe tamén protexida. Aquí descubrimos gran parte dos restos arqueolóxicos […]

CABANAS

Cabanas defínese como a fraga feita mar. As Fragas do Eume e as súas praias son o gran atractivo turístico do municipio. En Cabanas podemos gozar da parte das fragas que chega a encontrarse co mar. As súas praias, tranquilas e ben equipadas, son idóneas para a práctica de diferentes deportes náuticos como a vela […]

Costa activa

A costa de Ferrolterra – Rías Altas ofrece un grande abano de posibilidades. Desde un paseo polas súas praias, descubrindo auténticos paraísos naturais, á práctica de distintos deportes náuticos, tanto en mar coma en río. De todos os deportes, o rei é o surf. A costa conta con praias ideais para practicalo durante todo o […]