Obradoiro de elaboración de storytelling

A Sociedade Mixta de Turismo de Ferrol promoveu a organización para o mércores 30 de setembro dun taller gratuíto de “storytelling”, no marco do proxecto de calidade turística SICTED. O “storytelling” é unha técnica que consiste no uso de relatos para a comunicación comercial de empresas e destinos turísticos e que na actualidade está a […]

Turismo Ferrolterra impartirá xornadas de novas tecnoloxías aplicadas ao turismo

O plan de turismo de Ferrolterra, en virtude do convenio coa Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol e a Axencia Turismo de Galicia, convocará unha serie de encontros orientados ás novas tecnoloxías aplicadas ás empresas do sector turístico. Buscarase poñer de manifesto a importancia das tecnoloxías da información e a comunicación (TICs) nas empresas do sector […]

O destino Ferrolterra colaborará coa Mariña Lucense para conformar un produto de Turismo Slow

Desde o Plan de Promoción Turística de Ferrolterra estamos a colaborar co xeodestino da Mariña Lucense para configurar unha proposta de Turismo Slow para o Norte de Galicia. Apoiándonos en Renfe-Feve como transporte público vertebrador de ambos destinos, traballamos xa na identificación de aloxamentos interesados en formar parte deste proxecto. Os aloxamentos pertencen ás categorías […]

Fins de curso escolares en Ares

A Escola de Atletismo Paula Mayobre, o Club Naútico Ría de Ares e o Club Windsurf Zona Norte presentamos un programa co que achegar os escolares doutros concellos á nosa vila para gozar de fermosas praias e dunha costa ideal para os deportes naúticos. Este fin de curso os tres clubs da vila, con experiencia contrastada […]

Ruta da Construción Naval

Desde 2011, en Ferrol pódese realizar a Ruta da Construción Naval. Aventurarse neste percorrido permite entrar nun mundo descoñecido ata hai pouco. As infraestruturas militares combinan séculos de historia, arquitectura de gran valor coas últimas tecnoloxías utilizadas na actualidade pola Armada. O conxunto de edificios constitúe un enorme museo no que descubrir a historia naval […]

Espazo protexido Xuvia – Castro

Os ríos Xuvia e Castro dan nome a unha zona protexida pola distinción LIC (Lugar de Importancia Comunitaria). Baixo o LIC Xuvia – Castro encóntranse dous espazos naturais. Por un lado, o tramo do río Grande de Xuvia e o seu afluente principal, o Castro. Por outro, a serra de Forgoselo. A vexetación de ribeira […]

ORTIGUEIRA

WEBCAM – ALAMEDA Montaña, val, río, mar e, sobre todo, ría. Ortigueira é terra de contrastes, cos cumios máis elevados da serra da Capelada e da Faladoira xunto ao mar. A ría de Ortigueira e Ladrido, pola súa fauna e flora, é un dos humedais máis importantes de Galicia. Para os máis aventureiros, por todo […]

CARIÑO

Un lugar resgardado, tranquilo e de natureza en estado puro. Así definimos Cariño, unha pequena vila costeira do norte da provincia da Coruña. A tres quilómetros da vila encontramos o cabo Ortegal. Neste punto máxico sepáranse o mar Cantábrico e o océano Atlántico. E sepáranos os Tres Aguillóns, unha curiosa formación rochosa que emerxe das […]

CERDIDO

Cerdido é un municipio de interior dominado polo verde. Cunha localización estratéxica, a súa paisaxe natural é de gran riqueza, debido en parte aos dous ríos que atravesan o seu territorio. Dedicado á actividade agrícola, os produtos da terra danse cita na tradicional Feira da Barqueira. Esta feira de gando e produtos do campo celébrase […]

VILARMAIOR

Vilarmaior é unha pequena vila rural que servía de paso aos peregrinos do vello camiño a Santiago. Quen visite o municipio descubrirá paisaxes virxes e lugares cheos de encanto. Coma os seus municipios veciños, Vilarmaior tamén conserva xacementos arqueolóxicos coma As Croas e Tesouro de Vilarmaior así como varios gravados rupestres. No patrimonio arquitectónico destacan […]