II Foro de Turismo e Marketing de Ferrol #fortumark

16-6-2016

Cartel II Foro de Turismo

 2ª edición deste evento formativo, de carácter gratuito, que se dirixe aos empresarios do sector turístico e do comercio de Ferrol e bisbarras, así como a asociacións empresariais da zona. #forturmark ten como obxectivo mostrar as innovacións e boas prácticas de Marketing e Comunicación que desenvolven as empresas máis potentes e ensinar cómo os pequenos empresarios locais poden empregalas, adaptándoas ás características do seu negocio ao menor coste posible ou a custo 0, gracias á tecnoloxía.

A cita será no Parador de Ferrol e o formato do evento é o seguinte:

– Tardes do 20 ao 22, en horario de 17:00 a 20:00 h.: ponencias e cursos con actividades de interacción cos participantes.

-Mañás dos días 21 e 22, en horario de 10:00 a 14:00: consultorías/formacións individualizadas a empresas para analizar a súa presenza en Google e mellorala a través da súa xeolocalización e nas redes sociais, así como propostas para elaborar un plan de mellora.

O prazo de inscripción está xa aberto, tanto para as sesións formativas da tarde (40 prazas) como para as consultorías individualizadas de presenza en redes sociais e en Google os días 21 e 22 (25-30 minutos e mediante cita previa).

Para inscribirse ás sesións da tarde hai que enviar un email a turismo@ferrol.es indicando nome, empresa, dirección.
Para las consultorías individuais email indicando os datos anteriores máis o horario desexado (sempre que haxa disponibilidade) ou no teléfono 981944337.