Obradoiro de elaboración de storytelling

29-9-2015

A Sociedade Mixta de Turismo de Ferrol promoveu a organización para o mércores 30 de setembro dun taller gratuíto de “storytelling”, no marco do proxecto de calidade turística SICTED.

O “storytelling” é unha técnica que consiste no uso de relatos para a comunicación comercial de empresas e destinos turísticos e que na actualidade está a ser moi empregada. O taller será impartido por David Mora, experto consultor turístico, ponente habitual en eventos de carácter turístico e director do Master de Turismo na Universidade Europea de Madrid.

O taller terá un carácter moi práctico, coa exhibición de diversos vídeos explicativos dos diferentes conceptos, en torno a ideas como a creación de valor a través da narración corporativa, as posibles aplicacións do “storytelling” para a comunicación turística ou a creación de relatos convincentes para empresas e destinos de turismo.

A cita terá lugar o mércores ás 16:00 horas no Hotel Carrís Almirante. Aínda que teñen prioridade as empresas participantes no SICTED hai prazas libres para todos aqueles que estean interesados en anotarse. O poderán facer antes da unha da tarde do mércores a través de correo electrónico na dirección mlopezturismo@ferrol.es, indicando nome, empresa/profesión e cidade de referencia.

O SICTED é un proxecto de mellora da calidade dos destinos turísticos promovido pola Secretaría de Estado de Turismo co apoio da Federación Española de Municipios e Provincias e que traballa con empresas e servicios de ata 32 oficios diferentes, co obxectivo de mellorar a experiencia e a satisfacción do turista.

Ferrol leva catro anos traballando neste proxecto. Na actualidade, son 34 as empresas e institucións da cidade que participan.