O destino Ferrolterra – Rías Altas é rico en patrimonio cultural. Vilas con historia, que se reflicte nos seus centros históricos e en impoñentes construcións. Son numerosos os pazos e castelos que o visitante atopa no seu camiño por estas comarcas.

A pegada da relixión percíbese no importante patrimonio arquitectónico e artístico. Tamén inmaterial, como a Semana Santa de Ferrol, declarada de Interese Turístico Internacional.