MUGARDOS

En Mugardos respírase e, sobre todo, saboréase, o seu ambiente mariñeiro. É suficiente con pasear polo Cantón da Mariña para degustar nun dos seus restaurantes o polbo á mugardesa, recoñecido internacionalmente. A el réndeselle homenaxe cada mes de xullo na Festa do Polbo, declarada de Interese Turístico de Galicia. De carácter mariñeiro tamén é a […]