Turismo Ferrolterra impartirá xornadas de novas tecnoloxías aplicadas ao turismo

17-9-2015

imaxe centro de negocios arena76O plan de turismo de Ferrolterra, en virtude do convenio coa Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol e a Axencia Turismo de Galicia, convocará unha serie de encontros orientados ás novas tecnoloxías aplicadas ás empresas do sector turístico.

Buscarase poñer de manifesto a importancia das tecnoloxías da información e a comunicación (TICs) nas empresas do sector turístico de Ferrolterra mediante unha xornada sen custo algún por participar.

Esta primeira xornada está pensada para empresas ou entidades vinculadas ao turismo na comarca de Ferrol e repetirase nas vindeiras semanas para as empresas das comarcas de Eume e Ortegal.

Este encontro non deben ser unha simple enumeración de vantaxes das TICs e presentación de ferramentas online á disposición dos negocios.

O que se pretende tamén é dotar aos empresarios/as da comarca dos coñecementos necesarios para buscar proveedores de servizos TIC e saberescoller a proposta máis beneficiosa en función das súas características e das do seu negocio.

Para iso, trataremos de analizar nesta xornada a presenza en internet e nas redes sociais de 5 negocios participantes nas mesmas. Deste xeito, daremos aplicación inmediata dos contidos teóricos mediante o analise de casos próximos, coñecidos e de forma comprensible.

Abordaremos, entre outras, cuestións como a importancia dunha imaxe homoxénea do negocio, a web adaptada a móbiles ou tables, plataformas de promoción do noso negocio (Tripadvisor, Atrápalo, Minube, Trivago…)

Ao finalizar a xornada:
– comprenderedes os beneficios que vos poden aportar as TICs.
coñeceredes suficientemente cada alternativa para poder decidir en que opciónsinvertir os vosos recursos e o voso tempo.
– comprenderedes os erros habituais que soemos cometer e cales son as mellores opcións para corrixilos.

O encontro terá lugar o vindeiro mércores 23 de setembro no centro de negocios Arena76 (zona Odeón)
Lugar: Sala de Xuntas do Centro de Negocios Arena76
Horario: de 17:00 a 21:30
Custe: de balde, xa que é unha acción cofinanciada con fondos FEDER en convenio coa Xunta de Galicia.

Para confirmar asistencia ou máis información, contactar con coordinacion@turismoferrolterra.es ou chamar ao 698 181 717.