IMG_1186-tapa_redEn calquera localidade pódense degustar os mellores produtos autóctonos e da cociña galega tradicional. Todo tipo de peixes e mariscos das rías, coma os percebes de Cedeira, o famoso polbo de Mugardos ou as sardiñas lañadas e as conservas de Cariño. No interior, pementos do Couto, pan de Neda, as manteigadas e os cogomelos nas Pontes de García Rodríguez, grelos de Monfero e Cerdido, tenreira na Capelada, mel en San Sadurniño e Moeche, onde é famoso tamén o seu queixo de tetilla.

Cociña de calidade
O destino Ferrolterra – Rías Altas combina interior e costa. Das súas terras e do seu mar obtéñense produtos de gran calidade que converten a cociña local nun atractivo turístico en si mesmo. A isto súmanselle as numerosas festas gastronómicas repartidas pola comarca.

Convidámoste a viaxar por este destino, onde atoparás acolledores restaurantes. O mercado e os seus produtos de tempada marcan estas cociñas, as máis tradicionais e as innovadoras.

Infórmate de onde comer.