Museos
A maior oferta cultural encóntrase en Ferrol, a cidade máis grande do destino e con maior poboación. Non obstante, noutros municipios encontraremos outros museos singulares.
Ferrol. Da importancia que a construción naval tivo na cidade, destaca Exponav, onde podemos ver como se constrúe un buque. Tamén o Museo Naval, ao lado do Arsenal. Na súa exposición podemos ver restos de naufraxios ou maquetas de buques afundidos.
Ademais de turismo industrial, existen outros museos. O Museo de Historia Natural é un dos máis importantes de España. Descubrirás, entre outras, a colección de cetáceos do Atlántico norte máis importante de Europa. Outros museos son o xardín didáctico Aquaciencia, Xornalismus, sobre a historia do xornalismo ou o Museo da Semana Santa de Ferrol.
Fene. Do carácter industrial da localidade xorde o museo de ASTANO, que se pode visitar contactando coa empresa dos estaleiros. Pero, sen dúbida, o maior reclamo é o Museo do Humor, único en España pola súa temática.
Ortigueira. O Museo Ortegalia convídanos a realizar un percorrido desde a Prehistoria pola comarca. Outra opción é o Museo Etnográfico de Meixido, cunha ampla colección sobre 30 vellos oficios.
A Capela. Para coñecer a forma de vida e as xentes da súa zona, podemos visitar o Museo Etnográfico. Ademais, está ubicado nunha bonita contorna natural.
As Pontes. Encontramos o Museo Etnográfico Monte Caxado e a Casa do Mel, un lugar único onde descubrir o apaixonante mundo das abellas.
Valdoviño. O Océano Surf Museo é o primeiro museo adicado ao surf en España. A súa exposición levanos de percorrido pola historia do surf en Galicia e en España.
Museo Exponav
Museo Naval
Museo do Humor
Museo etnográfico de Meixido