Destacados
Estás a piques de descubrir unha terra chea de contrastes, cunha gastronomía propia, unha chea de lugares secretos e paraxes naturais, cuns roteiros para perderse e gozar da nosa cultura tradicional.
Costa dás Ondas é o produto turístico sostible de surf do destino turístico Ferrolterra – Rías Altas. Goza das mellores ondas nun paraíso natural para a práctica do surf
Esperamos que teñas a mellor experiencia vivindo a túa aventura en contacto coa natureza virxe deste destino. Anímaste a vivir a túa aventura?
Entra nun territorio único en paisaxes, cultura e patrimonio…e descobre un capítulo apaixonante da historia do noso planeta.
O patrimonio indiano que presentamos constitúe un importante aceno de identidade do patrimonio histórico do Xeodestino Ferrolterra-Rías Altas.
Santo André de Teixido, unha pequena ermida escondida entre as Rías Altas, que venera a figura dun dos doce apóstolos: André.
Ferrolterra – Rías Altas: tu destino ideal
Cidades e aldeas, mar e montaña, costa e interior… son moitos os contrastes que ofrecen os 21 municipios das tres comarcas que configuran o destino.
Na de Ferrolterra: Ares, Mugardos, Fene, Neda, Ferrol, Narón, Valdoviño, Cedeira, Moeche, As Somozas e San Sadurniño. Na comarca do Eume: Pontedeume, Cabanas, A Capela, Monfero, Vilarmaior e As Pontes de García Rodríguez. Xa en Ortegal: Cerdido, Cariño, Ortigueira e Mañón.
Desde esta páxina convidámosche a descubrir o destino turístico Ferrolterra – Rías Altas. Explorarás unha terra única, que conxuga historia e cultura cunha gran riqueza natural e paisaxística.
Esta web é unha das accións levadas a cabo dentro do plan de promoción turística do xeodestino Ferrolterra – Rías Altas a través dun convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ferrol.