As Somozas é un municipio de interior caracterizado polo verde e a fertilidade das súas terras.
Polo seu territorio discorren os ríos Mera e Xuvia, en cuxas ribeiras se atopan dúas áreas recreativas para o goce dos visitantes. Son zonas de lecer que conviven en harmonía co espazo natural no que se sitúan.
A área recreativa de Ou Carballo está creada artificialmente, con pequenos diques para o río Xuvia, parques infantís e piscina. Nas inmediacións do río Mera, A Queiroga sitúase nunha contorna forestal de singulares características ecolóxicas e unha densa vexetación de piñeiros, carballos e bidueiros. Na súa contorna atopamos, ademais, un muíño restaurado de pedra.
As Somozas ofrece unha paisaxe rural chea de cores. Ademais, ao longo e ancho do termo municipal atopámonos con numerosas construcións relixiosas. Iglesias de diferentes estilos, capelas e cruceiros forman o patrimonio arquitectónico do pobo.
http://assomozas.es