Castelos

Son seis os castelos que se conservan en bo estado no destino Ferrolterra – Rías Altas.

Os Andrade, señores feudais do territorio, levantaron varios castelos para protexer as súas infinitas propiedades. En Pontedeume, o castelo de Andrade levántase sobre a Pena Leboreira, dominando a desembocadura do río Eume. Na vila, o Torreón, único resto do antigo pazo, é agora oficina de turismo e Centro de Interpretación da historia da familia.

Vinculados á mesma familia, tamén encontramos os castelos medievais de Naraío (San Sadurniño) e de Moeche. Neste chama a atención a Torre da Homenaxe con 18 metros de altura. Cada ano conmemórase, co Festival Irmandiño, a revolta dos irmandiños que lograron vencer á nobreza.

No século XVI, levantáronse nun enclave estratéxico os castelos de San Felipe (Ferrol) e A Palma (Mugardos). Entre os dous, convertían a ría ferrolá nun fortín. Ademais de polo seu valor arquitectónico e histórico, a visita a estas construcións militares merece a pena pola contorna natural na que se sitúan.

A beleza da paisaxe tamén caracteriza o castelo da Concepción, en Cedeira, tamén construído con carácter defensivo. Aínda hoxe se poden ver dous foxos, pertencentes ao castro sobre o que se levantou.

En Ortigueira consérvanse as ruínas do Casón. Un panel explicativo descúbrenos como era a estrutura desta torre que vixiaba a ría.

Castelo de Andrade

Castelo de Moeche

Castelo de San Felipe

Castelo de A Palma