Faros

Os faros son un patrimonio cultural e arquitectónico de gran valor. Máis aínda se pensamos na importante función que cumpren. As súas luces guíannos por unha paisaxe abraiante.

O faro máis ao norte do destino e, ademais, máis septentrional da Península, é Estaca de Bares (Mañón). Foi o primeiro do país en encenderse, en 1847. Preto do faro hai un observatorio ornitolóxico e o Semáforo, un antigo sinal marítimo convertido en hotel. Tamén se conservan os restos dunha antiga base militar estadounidense.

Seguindo cara ao sur, o faro Cabo Ortegal (Cariño). Fronte a el, os Tres Aguillóns. Son tres penas afiadas, un capricho da natureza que marabilla aos visitantes. No municipio de Cedeira, accesible a través dun camiño descendente con ata dez curvas, chegamos ao faro Punta Candieira.

faro de Punta Frouxeira, tamén coñecido como faro de Meirás (Valdoviño), é un dos últimos en construírse en Galicia. De estilo vangardista, é totalmente distinto a cualquera outro. Aos seus pés aínda se poden ver os túneles dunha antiga base militar.

En Ferrol, encontramos dous faros. Desde Cabo Prior, en Covas, podemos divisar a inmensidade da ría de Ferrol. O outro é o faro de Cabo Prioriño, á entrada da ría. É un centro de interpretación e na contorna hai un miradoiro ornitolóxico.

Faro Estaca de Bares

Faro Cabo Ortegal

Faro Punta Candieira

Faro de Punta Frouxeira

Faro Cabo Prior

Faro Cabo Prioriño