Ornitoloxía
En Ferrolterra – Rías Altas atopamos varios puntos de referencia en canto á ornitoloxía. É o caso de Estaca de Bares, cabo Ortegal e Prioriño.
O de Estaca de Bares (Mañón) é un dos mellores observatorios ornitolóxicos de España. Encontraralo preto do faro, ao lado dunha antiga base militar. Entre setembro e decembro convértese no enclave ideal para asistir á migración de especies mariñas e terrestres. Procedentes do Atlántico, do Mediterráneo e do Ártico, por aquí pasan máis dun millón de aves cada ano. De todas destaca o alcatraz, o furabuchos atlánticos e a pardela cincenta.
Outro punto ineludible é Cariño, un auténtico santuario das aves. Aquí obsérvanse máis de duascentas especies, algunhas moi raras no ámbito europeo. A finais do verán, fronte á costa do cabo Ortegal vemos, no seu camiño cara ao sur, alcatraces, pardelas, paíños e outras moitas aves. No invierno, o interese céntrase na ría de Ortigueira e Ladrido (Ortigueira). Patos, garzas, corvos mariños… e unha das poboacións máis importantes de toda España de tres especies europeas de colimbos.
O Centro Interpretativo Cabo Prioriño (Ferrol) conta cun observatorio ornitolóxico. Cunhas marabillosas vistas, é tamén un magnífico mirador para gozar da paisaxe.
Tamén son bos lugares de avistamento de aves a lagoa da Frouxeira (Valdoviño) e a de Doniños (Ferrol). Deixando de lado o litoral, outros espazos naturais para gozar da ornitoloxía son o lago das Pontes, as Fragas do Eume e a serra da Faladoira.
Espacios naturais costeiros
Percorrendo a costa de norte a sur, a natureza sorpréndenos a cada paso. Lugares que ademáis, polo seu alto valor ecolóxico, son espazos protexidos por diferentes distintivos.