Que ver

Este territorio do norte de Galicia é unha terra única, salvaxe e pouco masificada que te sorprenderá pola súa enorme riqueza natural, a súa historia, os seus acantilados e multitude de pobos con encanto. Ven a descubrir todo o que hai que ver en Ferrolterra – Rías Altas.

Natureza

A beleza e riqueza natural do interior do destino Ferrolterra – Rías Altas non deixa indiferente ao visitante. Internarse nel é perderse, no bo sentido, entre a natureza máis exuberante.

Saber máis >

Percorrendo a costa de norte a sur, a natureza sorpréndenos a cada paso. Lugares que ademais, polo seu alto valor ecolóxico, son espazos protexidos por diferentes distintivos.

Saber máis >

Os areais de Ferrolterra – Rías Altas son un auténtico paraíso natural para gozar durante todo o ano pero, sobre todo, en verán. De norte a sur, máis de cincuenta praias e decenas de calas encantadoras.

Saber máis >

Patrimonio cultural

Son catro os centros históricos para visitar: Ferrol, Pontedeume, Cedeira e Ortigueira.

Saber máis >

Son seis os castelos que se conservan en bo estado: castelo de Andrade, castelos de Naraío e de Moeche, castelos de San Felipe e A Palma e o castelo da Concepción.

Saber máis >

arquitectura relixiosa é moi abundante en todo o territorio. De feito, verás unha igrexa por cada núcleo de poboación, por pequeno que sexa. Moitas delas conteñen elementos de gran valor artístico.

Saber máis >

Os faros son un patrimonio cultural e arquitectónico de gran valor. Máis aínda se pensamos na importante función que cumpren. As súas luces guíannos por unha paisaxe abraiante.

Saber máis >

A maior oferta cultural encóntrase en Ferrol, a cidade máis grande do destino e con maior poboación. Non obstante, noutros municipios encontraremos outros museos singulares.

Saber máis >

En Ferrolterra – Rías Altas podemos visitar distintos centros de interpretación que nos axudan a comprender a relación do patrimonio co  entorno que nos rodea, a través de distintas experiencias.

Saber máis >