Centros de Interpretación

En Ferrolterra – Rías Altas podemos visitar distintos centros de interpretación que nos axudan a comprender a relación do patrimonio co  entorno que nos rodea, a través de distintas experiencias.

A Capela. O Centro de Interpretación da Capela funciona como porta de entrada desde este concello a Parque Natural Fragas do Eume.

Cabanas. O Centro de Interpretación do Medio Mariño de Cabanas é un espazo de encontro para a cidadanía e visitantes arredor da cultura mariñeira e a riqueza natural e paisaxística do territorio relacionada co medio mariño.

Ferrol. Nas inmediacións do faro do Cabo Prioriño atopamos o Centro de Interpretación de Prioriño, que serve para comprender a orixe e evolución das baterías defensivas de Ferrol e a construcción e integración, nesa mesma contorna, do porto exterior.

Moeche. O castelo de Moeche alberga o Centro de Interpretación das Revoltas Irmandiñas, onde se une a historia de Galicia coas revoltas Irmandiñas e a propia historia do Castelo.

Monfero. O Centro de Interpretación de Monfero funciona como porta de entrada desde este concello ao Parque Natural Fragas do Eume e desde este punto pódense iniciar hasta catro percorridos sinalizados.

Mugardos.  No Centro de Interpretación de Caldoval podemos apreciar un xacemento termal romano moi particular, xa que é un baño privado con palestra, algo único no noroeste peninsular. 

Narón. As instalacións do Parque Temático Aldea Nova son todo un laboratorio de experiencias para escolares. Desde entender cómo era a vida nunha casa de aldea galega hasta ter contacto cos animais autóctonos de Galicia que alí se atopan, pasando por visitas a colmeas ou aproximacións á cultura castrexa.

Ortigueira. Viaxa a comezos do século XX para coñecer a tecnoloxía e funcionamiento do Muiño de Mareas de Senra.

Pontedeume. O Centro de Interpretación de Caaveiro é a porta de entrada máis coñecida para o Parque Natural Fragas do Eume. A súa visita bríndanos a oportunidade de entender mellor a importancia do singular espazo natural que nos rodea. En Pontedeume, os señores feudais desta zona, a familia dos Andrade, tiñan o seu Pazo principal que incluía unha torre da homenaxe, hoxe reconvertida en oficina de turismo e Centro de Interpretación dos Andrade

Centro de Interpretación dos Andrade (Pontedeume)

Canales de evacuación de agua

Centro de Interpretación de Caldoval (Mugardos)

Castillo de Moeche - Centro de Interpretación de las Revueltas Irmandiñas

Centro de Interpretación das Revoltas Irmandiñas (Moeche)

Centro de Interpretación de Prioriño (Ferrol)