Centros históricos

Son catro os centros históricos para visitar: FerrolPontedeumeCedeira e Ortigueira.

A identidade urbana de Ferrol conformouse no século XVIII, grazas aos enxeñeiros da Ilustración. Así, nesta cidade encontramos, en realidade, dous centros históricos. A orixe, Ferrol Vello, que conserva o trazado medieval con rúas estreitas e irregulares que conducen ao porto de Curuxeiras. Máis tarde, o barrio da Madalena, de trazado regular propio da época ilustrada. Aquí encontramos numerosas igrexas de estilo neoclásico e fermosos edificios modernistas.

Ortigueira, de marcado carácter mariñeiro, vertébrase ao redor do antigo convento. O seu centro histórico chama a atención polas súas brancas galerías e a arquitectura indiana.

A arquitectura popular de Cedeira é un verdadeiro tesouro. As empinadas e estreitas rúas da zona vella amósannos pequenas vivendas con galerías e balcóns de madeira e forxa. Dispostos a descubrir o centro histórico, tamén veremos os restos da antiga muralla que rodeaba a vila.

En Pontedeume, rúas estreitas e soportais de pedra conviven cos restos dun pasado ligado aos señores feudais da casa de Andrade.

Ferrol

Pontedeume

Ortigueira