Cabanas

Cabanas defínese como a fraga feita mar. As Fragas do Eume e as súas praias son o gran atractivo turístico do municipio.

En Cabanas podemos gozar da parte das fragas que chega a atoparse co mar. As súas praias, tranquilas e ben equipadas, son idóneas para a práctica de diferentes deportes náuticos como a vela ou o piragüismo.

De todos os areais, o máis turístico é o da Madalena ou praia de Cabanas. Augas tranquilas, area branca e unha coidada contorna arborizada fan dela o lugar ideal para gozar de comidas ou merendas, sobre todo no verán.

Se falamos da parte monumental do municipio, a construción máis rechamante é o pazo de Cabanas. Tamén chamado Casa Grande de Rioboo, foi edificado no século XVI polo arcebispo de Santiago, Francisco de Seixas e Losada, natural do municipio.

No barrio do Areal, veremos un cruceiro. Leste indica o punto ata onde chegaba a antiga ponte sobre o río Eume.

http://www.cabanas.es