Moeche

Este municipio do interior ten como emblema o castelo de Moeche. Ao redor desta construción medieval escríbese a historia destas terras.

A parte mellor conservada do castelo de Moeche é o patio de armas, aínda que tamén podemos observar a famosa torre da homenaxe, de 18 metros de altura, e un foso escavado na propia roca.

O castelo foi escenario, en 1431, da revolta dos irmandiños. Con ela, os vasallos conseguiron botar aos señores (os Andrade) da fortaleza.

Como homenaxe aos sublevados, desde 1980, celébrase o Festival Irmandiño o terceiro sábado de agosto. Durante todo o día organízanse comidas campestres e actuacións musicais. A medianoite recréase o asalto ao castelo. O pobo, armado con fachos, toma a fortaleza lembrando a súa vitoria na contenda.

https://moeche.gal/

Municipio de Moeche