Valdoviño

Valdoviño destaca pola gran beleza da súa costa. Nela atopámonos con praias abertas ao mar como O Baleo e Pantín ou o areal da Frouxeira. Tamén a lagoa do mesmo nome, espazo protexido e un dos ecosistemas máis atractivos da Península.

Valdoviño é sinónimo de surf. Aquí atópase a capital deste deporte: Pantín. Nesta praia celébrase o Pantín Classic, un dos campionatos máis importantes de España. Este evento atrae ao municipio cada verán a miles de amantes do surf.

Con todo, o municipio non vive só da súa costa. No seu interior descubriremos moito máis. É o caso de numerosos castros e mámoas (sepulcros) repartidos por todo o territorio. De todos estes asentamentos arqueolóxicos, destacan Pena Moura e Porto Novo. Ambos son, ademais, lugares de paso do roteiro de peregrinación a San Andrés de Teixido (Cedeira).

De todas as construcións relixiosas destaca a igrexa barroca de Santiago de Lago. De fermosos detalles ornamentais, tamén destaca pola imaxe do apóstolo Santiago vestido de peregrino na fachada.

http://www.concellodevaldovino.com/

Municipio de Valdoviño